Saímos dende Mañente as 9 da mañá e comezamos a baixar por un camiño de terra o cal pouco tempo despois cruzamos unha pequena pasarela de madeira para adentrarnos nunha masa de eucaliptos acompasado coa ría para sortear os diferentes brazos da mesma.
Tras uns poucos metros por asfalto collemos a senda peonil do Paseo Malates de novo xunto a ría para chegar a Rúa Asteleiros a cal nos indica que estamos en Foz (O nome de Foz proven da palabra latina fauce, que describe de forma gráfica a desembocadura do Río Masma) .
A fundación de Foz data da época prerromana, como se atestigua po los castros existentes de Fazouro e Pena do Altar a sua fundación pode que se remonte a época dos Ártabros ou, segundo o historiador Amor Meilán, puido haber sido unha factoría establecida por los Tartesicos.
Durante o século IX o concello tivo gran florecemento debido ao establecemento da sede episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Na época dos Reis Católicos, Foz mantivo certos privilexios e exencións como consecuencia da sua importancia comercial.
Durante os séculos XVI e XVII Foz contou con un importante porto e con un dos tres asteleiros máis importantes de Galicia . Armadores e pescadores focenses dedicábanse , fundamentalmente, a captura de baleas aínda que esta importancia pesqueira foi decaendo co tempo.
Seguimos coa nosa viaxe pasando pola Travesía Riveira, deixando a esquerda o núcleo urbano e a dereita o porto. Avanzando polo paseo marítimo alcanzamos a praia de A Rapadoira seguimos a liña do acantilado, pasamos a Cala da Ronqueira, a praia e o Castro de Llas,na cal se encontra un parque infantil, a punta coñecida como Os Bois, a praia de Peizás, seguimos paralelo a vía do Ferrocarril e chegamos ata a praia de A Pampillosa, incluída xunto co seu entorno dentro da Rede Natura 2000, como Zona Especial de Conservación (ZEC) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) río Ouro.
Unha vez chegado a área de recreo de Fazouro (A orixe do nome procedería de "Foz Ouro", indicando a sua situación na desembocadura do río Ouro) facemos coma de costume o noso descanso para repoñer enerxías o cal unha vez rematado cruzamos o río Ouro polo restaurado Ponte de Ferro, xiramos a dereita no medio das vivendas e pasamos por debaixo da ponte do tren para seguir paralelo a praia.
Unha vez pasado o tramo pola estrada que vai paralela ao mar, e a vía do tren chegamos a O Castro de Fazouro situado xunto a praia de Arealonga, os achados arqueolóxicos dan testemuña da convivencia entre a cultura castrexa e a romana.
E un dos castros costeiros más escavados de toda a costa cantábrica galega e o único visitable. Presenta forma pentagonal e ocupa unha superficie de 700m cadrados, aínda que e probable que a erosión mariña propiciara a desaparición de unha parte, apreciase as murallas, o gran foso escavado en rocha e parte das vivendas, todas de forma rectangular salvo unha de forma ovalada.
A romanización provocou o abandono progresivo das construcións circulares ( típicas castrexas ) e o paso as rectangulares.
Na escavación arqueolóxica atoparonse, entre outros, una moeda romana de Antoniano, unha fíbula, restos cerámicos e un muíño circular que supoñen unha ocupación entre los séculos I a. C e III d. C.
Os restos orgánicos apuntan ao aproveitamento de recursos mariños e de gando ovino.
Tan so se escavaron unhas poucas vivendas na zona norte do castro. Nelas pódense apreciar, por exemplo, bancos apegados a os muros (posibles zonas de traballo) o laxas na parte central (para a lume del fogar), así como lousas en algunhas paredes que apuntan a unha posible escaleira para un se gundo piso (pouco habitual na época).
Debido as ameazas de invasores e de saqueadores, os castros costeiros fixeronse máis vulnerables e foron progresivamente abandonados.
Logo de visitar o castro seguimos por unha senda peonil enlousada gozando da praia de Arealonga, o finalizar a praia entramos na parroquia de Nois ( Este topónimo está xa documentado como "Noys" en 1096. A súa etimoloxía derivaría da forma paleoeuropea noigw-ins, da raíz indoeuropea neigw- 'lavar', a misma que para os topónimos “Noya”) e o trazado volve a ser compartido por pista asfaltada, pasamos o acceso ao porto dedicado en tempos pasados a pesca baleeira, deixamos a esquerda a igrexa de, pasamos o local do butano e chegamos a escola que é onde rematamos esta etapa.
No seguinte mes iremos un fin de semana a O Courel para logo seguir no mes de xuño co Camiño do Cantábricos.
Powered by Wikiloc
No hay comentarios:
Publicar un comentario